Soporte
  Buscar: Buscar
 

Preto de mil nenos e nenas participaron nos programas lúdicos estivais de Ames.

GUIA DE EMPRESAS

Abogados

Academias

Alimentación

Animales

Artesanía-Manualidades

Asociaciones

Autoescuelas

Automóviles

Bancos-Cajas de Ahorro

Bazares

Cafeterías-Bares

Carnicerías-Pescaderías

Carp. Aluminio-PVC

CiberCafés-Locutorios

Clínicas Dentales

Confección-Costura

Construcción

Cristalerías

Decoración-Iluminación

Deportes-Gimnasios

Discotecas-Pubs

Droguerías-Perfumerías

Electricidad

Electrodomésticos

Farmacias-Parafarmacias

Ferreterías

Financieras

Fisioterapia-Acupuntura

Floristerías-Jardineria

Fotografía

Fruterías

Gestorías-Asesorías

Guardería-Mundo Infantil

Herboristeria-Dietética

Hoteles

Imagen-Sonido

Imprentas-Artes Gráficas

Informática

Ingeniería

Inmobiliarias

Joyería-Relojería

Librerías-Papelerías

Limpiezas

Logística

Medios de Comunicacion

Menaje-Hogar

Mercerías-Lencería

Moda

Motocicletas

Mudanzas

Muebles-Cocinas

Ópticas

Panaderías-Pastelerías

Peluquerías-Estética

Pinturas

Pizzerías

Psicología

Publicidad-Regalos

Quioscos

Recreativos

Restaurantes

Seguridad

Seguros

Servicios Médicos

Supermercados

Talleres

Telefonía

Tintorería-Lavandería

Viajes

Videoclubes

Zapaterías

 

01.jpg02.jpgdentalmacia.jpgemarquisip.jpg08.jpg
Preto de mil nenos e nenas participaron nos programas lúdicos estivais de Ames
Preto de mil nenos e nenas participaron nos programas lúdicos estivais de Ames [2010-09-09 14:45:00]

Mañá dará comezo o curso escolar. Atrás quedan os días de verán e, con eles, os programa lúdicos municipais que permiten a conciliación da vida laboral e familiar durante a época estival. O primeiro en poñerse en marcha foi o Xuño lúdico a comezos de verán. Durante os meses de xullo e agosto desenvolveuse a Escola de verán e por último tivo lugar o Setembro lúdico, que ofreceu unha alternativa para estes primeiros días de setembro co fin de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido. Estas iniciativas, promovidas dende a Concellaría de Educación, estiveron dirixidas aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria empadroados no Concello de Ames. Preto de 1.000 nenos e nenas participaron nestes tres programas lúdicos durante a época estival. Hai que ter en conta que moitos dos nenos acudiron a máis dun programa polo tanto hai que falar de número de usuarios/as. O pasado 23 de xuño comezaron os programas lúdicos que cada ano pon en marcha o Concello de Ames co fin de conciliar a vida familiar e laboral dos veciños e veciñas amienses. Entre o 23 e o 30 de xuño desenvolveuse o Xuño lúdico no que participaron un total de 292 cativos. Durante estes seis días os rapaces e rapazas puideron gozar con xogos e obradoiros de manualidades nos que se empregaron produtos naturais e reciclados.

Posteriormente, no mes de xullo púxose en marcha a Escola de verán que ao igual que no caso anterior desenvolveuse nas localidades de Bertamiráns e O Milladoiro. A Concellaría de Educación apostou un ano máis pola Escola de verán para que os nenos e nenas pasasen unhas vacacións divertidas. Arredor de 460 nenos, máis os seus pais e nais, beneficiáronse destes servizos que permiten conciliar a vida familiar e laboral. En Bertamiráns houbo un total de 144 nenos e nenas no mes de xullo e 68 en agosto. Mentres no Milladoiro, baixo o lema "Sons da diversidade", acudiron no primeiro mes 175 rapaces e rapazas. No mes de agosto, houbo 38 mozos/as na primeira quincena e moitos deles repetiron na segunda chegando a ser 39 rapaces e rapazas. Os cativos de educación infantil da Escola de verán do Milladoiro foron 35 no mes de agosto.

Por último durante os días días 1, 2, 3, 6, 7, 8 e 9 de setembro desenvolveuse o Setembro lúdico. Con motivo do remate deste programa organizáronse unha serie de actividades (xincanas, xogos, cancións...) para que os 202 nenos e nenas, que participaron neste programa, se despedisen dos seus compañeiros/as de verán antes de comezar un novo curso. Estes últimos días de vacacións aproveitáronse para preparar aos máis pequenos para a volta ao cole con xogos e obradoiros que foron instalando, dun xeito divertido, o horario escolar.

Setembro lúdico
O Setembro lúdico desenvolveuse tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. No Milladoiro, 114 nenos e nenas estiveron repartidos entre a Casa da Cultura e a Escola Infantil desta localidade. Ante a inminente chegada do cole, os rapaces e rapazas fixeron axendas e calendarios escolares para tomar as primeiras notas. As axendas escolares, tanto a grandes como a pequenos, requiriron de moito traballo e tempo. As axendas escolares tiveron como material principal a goma Eva, un material moi axeitado para este tipo de manualidades. Logo, cada neno e nena decorou a súa propia axenda para darlle o toque persoal.

Esta mañá, os rapaces e rapazas de primaria remataron coa manualidade do horario escolar, feito con madeira e cartolina. Despois xa estaba todo listo para a festa de despedida do Setembro lúdico con carreiras de vermes e con cancións nas que todos e todas tiveron que afinar as cordas vocais.

Os pequenos do Milladoiro, que están na Escola Infantil, tamén terminaron as manualidades para poder levar para casa. Despois, deron renda solta aos xogos, o director de orquestra foi un deles. Neste xogo o/a monitor/a escolle a alguén que vai a un sitio a parte para que non se decate do que fan os demais, que descansan sentados en círculo. Mentres o rapaz ou rapaza escollida está fóra, asígnase un director de orquestra que se encargue de crear o ritmo dentro do círculo, por exemplo dando palmas, e cambialo cando sexa convínte. Unha vez establecido, o rapaz ou rapaza apartado/a volverá e terá que adiviñar quen é o director de orquestra. Despois do xogo, os nenos e nenas gozaron de actividades de globoflexia.

En Bertamiráns, empregouse o IES de Ames para realizar xogos e obradoiros nos que participaron uns 88 rapaces e rapazas. Hoxe, con motivo da despedida do Setembro lúdico, o instituto abriu as portas da biblioteca, o laboratorio e a aula de música, ademais do ximnasio e o patio, para realizar unha espectacular xincana. Cinco grupos repartidos polas cinco probas, dispersas por estas aulas, puxeron a proba a intelixencia de todos os nenos e nenas. Os grupos estaban compostos por nenos e nenas de idades variadas e un monitor/a. Eles ían rotando polas diversas probas, vixiadas tamén por un monitor/a, coa fin de superalas e acadar como premio un papel cunha palabra escrita que, ao final, lles indicaría a adiviña a resolver.

As probas requirían dun gran talento, por exemplo no laboratorio nenos e nenas tiveron que inventar unha apócema secreta para poder pasar a proba. A fin da xincana foi traballar coa interculturalidade. A diferenza en idade, sexo ou raza, estivo presente nestes días do Setembro lúdico e os rapaces e rapazas aprenderon moito disto. "Somos unha marea de xente, todos diferentes" foi o lema co que remataron a xincana que provén da canción de Macaco que nenos e nenas bailaron todas as mañás de principio de mes.

Os xogos broma tamén cobraron protagonismo na mañá dos rapaces e rapazas de Bertamiráns. Un dos xogos foi o espello que consiste en que os nenos e nenas imiten ao seu monitor/a. Por exemplo, o monitor ou monitora fai que se ducha, os nenos/as o imitan e, como broma, outro monitor/a achégase por detrás e salpícaos con auga. Entre sorrisos e apertas, nenos/as e monitor/es despedíronse ata o ano que vén no que todos e todas esperan volverse atopar.

Fuente: Concellodeames.ORG

  • 0 de 5 estrellas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
0 de 5 estrellas (0 votos)
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Tuenti

Comentar

Para comentar tienes que estar registrado, registraté gratis haciendo click aquí.

01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
RSS RSS
El Correo Gallego La Voz de Galicia Concello de Ames Aldsys Internet e Informática SL

Usuario: Contraseña:
Solicitar contraseña