Soporte
  Buscar: Buscar
 

O grupo “Ith” é o gañador do Millarock .

GUIA DE EMPRESAS

Abogados

Academias

Alimentación

Animales

Artesanía-Manualidades

Asociaciones

Autoescuelas

Automóviles

Bancos-Cajas de Ahorro

Bazares

Cafeterías-Bares

Carnicerías-Pescaderías

Carp. Aluminio-PVC

CiberCafés-Locutorios

Clínicas Dentales

Confección-Costura

Construcción

Cristalerías

Decoración-Iluminación

Deportes-Gimnasios

Discotecas-Pubs

Droguerías-Perfumerías

Electricidad

Electrodomésticos

Farmacias-Parafarmacias

Ferreterías

Financieras

Fisioterapia-Acupuntura

Floristerías-Jardineria

Fotografía

Fruterías

Gestorías-Asesorías

Guardería-Mundo Infantil

Herboristeria-Dietética

Hoteles

Imagen-Sonido

Imprentas-Artes Gráficas

Informática

Ingeniería

Inmobiliarias

Joyería-Relojería

Librerías-Papelerías

Limpiezas

Logística

Medios de Comunicacion

Menaje-Hogar

Mercerías-Lencería

Moda

Motocicletas

Mudanzas

Muebles-Cocinas

Ópticas

Panaderías-Pastelerías

Peluquerías-Estética

Pinturas

Pizzerías

Psicología

Publicidad-Regalos

Quioscos

Recreativos

Restaurantes

Seguridad

Seguros

Servicios Médicos

Supermercados

Talleres

Telefonía

Tintorería-Lavandería

Viajes

Videoclubes

Zapaterías

 

01.jpg02.jpgdentalmacia.jpgemarquisip.jpg08.jpg
O grupo “Ith” é o gañador do Millarock
O grupo “Ith” é o gañador do Millarock [2011-06-27 18:36:00]

Malia que o festival Millarock non se celebrará debido á falta de orzamentos que ten o concello de Ames nestes momentos e á decisión do goberno municipal de priorizar gastos, o grupo gañador do certame, Ith, si que recibirá o premio en metálico que ascende a 1.000 euros e que lle entregará o rexedor amiense, Santiago Amor, na Casa do Concello nos próximos días. Os candidatos debían presentar a súa maqueta antes do 26 de maio e esta debía incluír dúas cancións de creación propia coa letra en galego, en formato mp3 e cun mínimo de compresión de 192 kbits. O sobre tamén tiña que incluír un breve dosier coa historia e fotografías do grupo en formato dixital.

Os grupos que gañaron este certame nos últimos tres anos foron Invivo, Dirty Socks e Belöp. Este ano o xurado estivo formado por Gael de Esteban Bassave, membro do grupo musical amesán, Son do Galpón, Isidro Cea Cabanelas, músico e técnico de son, e Sergio González Táboas, profesor da Escola de Música Municipal de Ames. En representación do Concello de Ames actuou como secretaria e animadora cultural María Vázquez Bermúdez.

Segundo o criterio do xurado, e por decisión unánime, a banda gañadora resultou ser Ith, un grupo de Mesía (A Coruña), que dende os seus inicios, alá polo ano 2001, fai rock en galego. Á formación orixinal do grupo, Miguel (guitarra), Toxo (baixo), Folgueira (batería) e Pablo (guitarra), uníronse no 2009 Thais (voz) e Rita (teclado e coros). Nestes 10 anos de traxectoria musical o grupo percorreu boa parte da xeografía galega. Ith conta cunha maqueta e cun disco editado gravado en directo, fan música con influencias de diversos grupos rock, heavy ou pop.

Foron 10 as bandas que participaron este ano no certame, todas tiñan que cumprir o requisito de ter editado un disco como máximo no mercado, e de adscribir o seu estilo as categorías de pop rock (rock'n'roll, pop, garage, psicodelia, rock, ska, reggae, punk, noise, R&B... e outras combinacións) metal (rock duro, heavy metal, trash, speed metal, doom, metal gótico, industrial, AOR, hardcore, rap metal... e outras combinacións) ou hip-hop (trip-hop, rap... e outras combinacións).

Difícil decisión

Segundo o xurado a decisión foi difícil debido á variedade de estilos e á alta calidade de moitas das propostas presentadas ao certame. Da maqueta gañadora destacaron fundamentalmente a voz da cantante, a frescura e a orixinalidade da proposta, o ben conseguido que estaba o ritmo, a excelente dinámica musical  do grupo e o ben empastado que estaba todo o conxunto. Tamén salientaron a boa estruturación dos temas  e a calidade das letras, unha letras poéticas que conseguen transmitir sen explicitar evidencias.

 

Fuente: ConcellodeAmes.ORG

  • 0 de 5 estrellas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
0 de 5 estrellas (0 votos)
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Tuenti

Comentarios

  1. pablo / 27 Junio 2011 /

    A min non me gusta o rock... pero hai cartos para traer orquestas e non hai cartos para facer un dia diferente para outro tipo de xente e outros gustos... Se hai cartos para darlle o premio a esta xente, que supriman unha orquesta e deixen facer o evento... dende logo... o que hai que leer.

Comentar

Para comentar tienes que estar registrado, registraté gratis haciendo click aquí.

01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
RSS RSS
El Correo Gallego La Voz de Galicia Concello de Ames Aldsys Internet e Informática SL

Usuario: Contraseña:
Solicitar contraseña