Soporte
  Buscar: Buscar
 

Iníciase o proceso de licitación do proxecto do IES do Milladoiro.

GUIA DE EMPRESAS

Abogados

Academias

Alimentación

Animales

Artesanía-Manualidades

Asociaciones

Autoescuelas

Automóviles

Bancos-Cajas de Ahorro

Bazares

Cafeterías-Bares

Carnicerías-Pescaderías

Carp. Aluminio-PVC

CiberCafés-Locutorios

Clínicas Dentales

Confección-Costura

Construcción

Cristalerías

Decoración-Iluminación

Deportes-Gimnasios

Discotecas-Pubs

Droguerías-Perfumerías

Electricidad

Electrodomésticos

Farmacias-Parafarmacias

Ferreterías

Financieras

Fisioterapia-Acupuntura

Floristerías-Jardineria

Fotografía

Fruterías

Gestorías-Asesorías

Guardería-Mundo Infantil

Herboristeria-Dietética

Hoteles

Imagen-Sonido

Imprentas-Artes Gráficas

Informática

Ingeniería

Inmobiliarias

Joyería-Relojería

Librerías-Papelerías

Limpiezas

Logística

Medios de Comunicacion

Menaje-Hogar

Mercerías-Lencería

Moda

Motocicletas

Mudanzas

Muebles-Cocinas

Ópticas

Panaderías-Pastelerías

Peluquerías-Estética

Pinturas

Pizzerías

Psicología

Publicidad-Regalos

Quioscos

Recreativos

Restaurantes

Seguridad

Seguros

Servicios Médicos

Supermercados

Talleres

Telefonía

Tintorería-Lavandería

Viajes

Videoclubes

Zapaterías

 

01.jpg02.jpgdentalmacia.jpgemarquisip.jpg08.jpg
Iníciase o proceso de licitación do proxecto do IES do Milladoiro
Iníciase o proceso de licitación do proxecto do IES do Milladoiro [2010-09-07 16:49:00]

O proxecto do IES do Milladoiro vai dando pasos de xeito paseniño. Hoxe o Diario Oficial de Galicia recolle o anuncio do proceso de licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de construción dun centro de educación secundaria no Milladoiro. Todas as empresas que o consideren oportuno deberán presentar as súas ofertas ata o 27 de setembro de 2010. A Xunta de Galicia destinará 6.503.009,83 euros ata 2012 para a construción deste centro de ensino. O novo IES construirase nunha parcela de 11.780 metros cadrados e terá 16 unidades de ESO e tres de Bacharelato. Contará ademais cunhas completas instalacións deportivas e con servizo de comedor e cafetaría. O pasado 4 de agosto o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez e o Alcalde de Ames, Carlos Fernández, asinaron o convenio de colaboración entre a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ames para a construción dun centro de educación secundaria no Milladoiro. Tan só tres días despois desta sinatura, o rexedor municipal convocou por vía extraordinaria e urxente á Xunta de Goberno Local para conceder a licenza de obra do devandito proxecto. Este trámite foi posible grazas á rapidez coa que os traballadores de urbanismo emitiron os informes xurídicos e urbanísticos, previos á aprobación da licenza para a construción do IES do Milladoiro. Estas xestións realizáronse nun breve período de tempo xa que o proxecto do IES entrou no rexistro municipal o día 3 de agosto.

O estudo, previo aos informes favorables, fíxose de xeito exhaustivo e pormenorizado e se foi posible logralo en tan pouco tempo debeuse tamén a que durante o período de redacción do proxecto, os técnicos da empresa adxudicataria, "Cid e Santos" mantiveron unha estreita colaboración cos técnicos municipais contrastando datos, referencias técnicas, puntos de acometida, redes, topografía etc. A licenza concedeuse despois de comprobar, a través dos informes técnicos, que o proxecto cumpre con todos os parámetros legais.

Despois de que se aprobase a concesión da licenza de obra agora correspóndelle á Xunta de Galicia completar o resto do proceso. O primeiro paso que se deu dende a Administración autonómica foi o anuncio do proceso de contratación do proxecto de construción do centro de ensino. Deste xeito, hoxe o Diario Oficial de Galicia recolle o anuncio do proceso de licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de construción dun centro de educación secundaria no Milladoiro.

Todas as empresas que o consideren oportuno deberán presentar as súas ofertas ata o 27 de setembro de 2010 no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo postal. A apertura das ofertas levarse a cabo o vindeiro 8 de outubro nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, situadas no edifico administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. A Xunta de Galicia destinará 6.503.009,83 euros ata 2012 para a construción deste centro de ensino de educación secundaria. Dende o goberno autonómico estímase que a duración das obras será de 18 meses.

Deste xeito darase resposta ás necesidades educativas dunha poboación en crecemento como é a do Milladoiro. Cómpre salientar que os mozos e mozas en idade de cursar estudos de ESO e de Bacharelato que viven neste núcleo de poboación amiense vense obrigados na actualidade a trasladarse ao Instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Segundo a Consellaría de Educación este investimento continúa a facer realidade un dos seus obxectivos prioritarios, como é o de dar un salto cualitativo e cuantitativo nas edificacións da rede de centros públicos de ensino non universitario de Galicia.

O proxecto do novo instituto do Milladoiro foi redactado polo Estudo Cid e Santos. Construirase no EQ1 do sector S-16 (Galdrachán), nunha parcela de 11.780 metros cadrados, cedida gratuitamente polo Concello de Ames. Contará 16 unidades de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) e 3 de Bacharelato. O edificio terá unha superficie útil de cerca de cinco mil metros cadrados e no proxecto está incluída a construción dunha pista cuberta e outra ao aire libre, ademais dun ximnasio de preto de 500 cadrados. O proxecto prevé tamén un aula de tecnoloxía de 120 metros cadrados, unha biblioteca de tamaño similar, varias salas para laboratorios, así como un aula de grandes dimensións para as clases de debuxo. Reserva no proxecto tamén máis de 270 metros para dependencias administrativas.

Fuente: Concellodeames.org

  • 5 de 5 estrellas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
5 de 5 estrellas (1 voto)
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Tuenti

Comentar

Para comentar tienes que estar registrado, registraté gratis haciendo click aquí.

01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
RSS RSS
El Correo Gallego La Voz de Galicia Concello de Ames Aldsys Internet e Informática SL

Usuario: Contraseña:
Solicitar contraseña