Soporte
  Buscar: Buscar
 

Adxudícase o servizo de limpeza de varios centros de ensino do Milladoiro.

GUIA DE EMPRESAS

Abogados

Academias

Alimentación

Animales

Artesanía-Manualidades

Asociaciones

Autoescuelas

Automóviles

Bancos-Cajas de Ahorro

Bazares

Cafeterías-Bares

Carnicerías-Pescaderías

Carp. Aluminio-PVC

CiberCafés-Locutorios

Clínicas Dentales

Confección-Costura

Construcción

Cristalerías

Decoración-Iluminación

Deportes-Gimnasios

Discotecas-Pubs

Droguerías-Perfumerías

Electricidad

Electrodomésticos

Farmacias-Parafarmacias

Ferreterías

Financieras

Fisioterapia-Acupuntura

Floristerías-Jardineria

Fotografía

Fruterías

Gestorías-Asesorías

Guardería-Mundo Infantil

Herboristeria-Dietética

Hoteles

Imagen-Sonido

Imprentas-Artes Gráficas

Informática

Ingeniería

Inmobiliarias

Joyería-Relojería

Librerías-Papelerías

Limpiezas

Logística

Medios de Comunicacion

Menaje-Hogar

Mercerías-Lencería

Moda

Motocicletas

Mudanzas

Muebles-Cocinas

Ópticas

Panaderías-Pastelerías

Peluquerías-Estética

Pinturas

Pizzerías

Psicología

Publicidad-Regalos

Quioscos

Recreativos

Restaurantes

Seguridad

Seguros

Servicios Médicos

Supermercados

Talleres

Telefonía

Tintorería-Lavandería

Viajes

Videoclubes

Zapaterías

 

01.jpg02.jpgdentalmacia.jpgemarquisip.jpg08.jpg
Adxudícase o servizo de limpeza de varios centros de ensino do Milladoiro
Adxudícase o servizo de limpeza de varios centros de ensino do Milladoiro [2010-06-29 14:18:00]

A Xunta de Goberno local vén de aprobar a adxudicación provisional do servizo de limpeza de interiores e mantemento de zonas exteriores do colexio e comedor de Ventín, escola de educación infantil Milladoiro e da escola infantil municipal A Madalena. Despois de valorar as ofertas presentadas a mesa de contratación propuxo que se adxudicara este servizo á empresa Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza SL, por ser a que obtivo a maior puntuación no procedemento de licitación. O importe de adxudicación da devandita obra ascende a contía de 154.512 euros. Este é o segundo lote, e último, de centros de ensino que saen a concurso. Nos vindeiros meses está previsto licitar o servizo de limpeza doutras instalacións municipais. O departamento de contratación do Concello de Ames está traballando para sacar a concurso os servizos de limpeza de todas as instalacións e dependencias municipais. No primeiro grupo que saíu a concurso encadráronse as dependencias dos centros de ensino da zona norte do concello como son o CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, CEIP Barouta e escola infantil municipal O Bosque.

Seguindo este esquema de traballo dende o departamento de Contratación, procedeuse a licitar o segundo lote do servizo de limpeza de dependencias municipais, que inclúe os centros educativos e instalacións educativas da zona sur do concello. Dentro deste grupo atópanse as dependencias do colexio de Ventín, comedor de Ventín, escola de educación infantil Milladoiro e a escola infantil municipal A Madalena.

Despois da valoración técnica das catro ofertas presentadas, a mesa de contratación, propuxo que se adxudicase de forma provisional este servizo á empresa gañadora, Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, SL. O importe de adxudicación do devandito servizo ascende a contía de 154.512 euros. A proposta da mesa de contratación aprobouse en Xunta de Goberno local a través da adxudicación provisional. Agora a empresa adxudicataria deberá presentar a documentación que se lle require, nun prazo máximo de dez días hábiles dende o momento da súa notificación, para elevar a adxudicación provisional a definitiva.

Características do servizo
O servizo de limpeza diario prestarase durante 10 meses ao ano, basicamente desde o 1 de setembro ata o 30 de xuño do ano seguinte no colexio e no comedor de Ventín e na escola de educación infantil Milladoiro. Na escola infantil municipal A Madalena o servizo prestarase ao longo do ano completo, é dicir os doce meses. Durante o mes de agosto, a época de Nadal e a semana santa levarase a cabo unha limpeza xeral.

Así mesmo, nas datas de Nadal e semana santa, así como durante a época estival, no caso de que se realicen actividades lúdicas nalgún dos centros, procederase a realizar igualmente a limpeza das aulas ou dependencias no que se desenvolvan estas actividades, situación que se comunicaría con antelación á adxudicataria. Ademais levarase a cabo unha limpeza diaria das zonas verdes con recollida de papeis e refugallos.

Fuente: ConcellodeAmes.ORG

  • 5 de 5 estrellas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
5 de 5 estrellas (1 voto)
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Tuenti

Comentar

Para comentar tienes que estar registrado, registraté gratis haciendo click aquí.

01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
01.jpg02.jpg04.jpg05.jpg06.jpg07.jpgarquisip.jpg09.jpg10.jpg
RSS RSS
El Correo Gallego La Voz de Galicia Concello de Ames Aldsys Internet e Informática SL

Usuario: Contraseña:
Solicitar contraseña